Museo
Prospección arqueolóxica do castro de Magros (Beariz)
Publicado en "O Quince" no 1993 por Jorge Lamas Bértolo.
 
O Castro de Magros localízase na parte Sureste do Concello de Beariz e moi próximo o núcleo poboacional do mesmo nome distando deste uns 700-800 metros polo seu lado-Este e pola estrada que vai a Feás. As coordenadas xeográficas son as de 8º14' 46" latitude Norte e 42º27' 34" latitude Oeste. Pódese acceder a él por diferentes lados: polo lado Oeste pódese acceder ben seguindo polo monte, xa que a inclinación non é moita, ou ben seguindo o curso dun regato ( Pozo Mineiro) ata a cima. Outro dos accesos é por unha pista forestal que vai dar ó lado Noreste do Castro. O lado máis difícil de chegar a cima é o do Sureste.

Topográficamente o Castro emprázase nunha loma de 728 metros de altitude onde predominan os materias graníticos e os esquistos principalmente na súa parte máis alta.

O relevo circundante posúe características similares as do Castro predominando os montes con pendentes suaves i erosionadas e que noutro tempo encerraban minas tanto de estaño como de wolframio. Polo lado Norte do Castro discurre un pequeno regato que vai ata o río Doade. En xeral, o entorno caracterízase por unha serie de pequeñas cadeas montañosas que combinan con pequenos vales por ande discurren pequenos regatos.

O que é a parte fundamental do Castro, isto é a parte habitacional, está orientada hacia o Sureste para así aproveitar o maior tempo posíbel a luz solar. O que serían os restos dos muros están polo Oeste.

Dende o Castro pódese divisar boa parte da bisbarra xa que está nun sitio bastante elevado. Así vense as poboacións de Magros, Liñares ou a Bouza e na lonxanía tamén se pode atisbar outros núcleos poboacionais. A nivel de montes pódese ver o Coto de Marcofán, as Penas das Ferreiras, o Alto da Vixía ou os Picos Brancos entre outros.

Castro de Magros

A vexetación que presenta o Castro é a típica dun monte baixo que foi castigada polo lume dos derradeiros anos. Así podémonos atopar con toxos, fentos e carqueixas aunque tamén fai a súa presencia as xestas sobre todo no lado Sur. Tampouco faltan os pequenos terróns de herba sobre todo na parte intermedia do Castro. Os usos agrícolas, hoxe en día, coido que se ven reducidos á colleita do toxo por parte dalgún particular. Noutro tempo a potencialidade económica do entorno basaríase nas minas circundantes nas que se podían recoller tanto estaño como wolframio. Na actualidade isto xa se perdeu e podese observar campos onde pode pacer algún animal e onde se practica unha economía agrícola de autoconsumo.

O recurso hídrico máis importante do xacemento castrexo é un pequeno regato que discurre pola ladeira Noroeste, mentres que polo entorno, sobre todo no inverno, pódese ver unha serie de augas torrenciais que aproveitan a pendente rocosa do terreo.

Botándolle, no que a estructuras se refire, un ha simple ollada ó Castro pódese observar unha serie de penedos e pedras en total desorde, e que se poden confundir coa paisaxe. Pero si se lle pon un pouco de atención, tanto dende abaixo como dende arriba, pódese ver o que serfa noutrora unha muralla que rodearía ó Castro vindo dende o Norte ata o Oeste para logo torcer ó Sur e dende alí hacia o Este. Seguindo coa ascensión volvemos atopar outra pequena fortificación que partiría do lado Norte para ir ó Sur e torcer o Este ( paralela á anterior). Xa chegando o que é o cume do Castro chegamos quizaís á parte máis importante do mesmo. Así hacia parte Sur e prolongándose hacia o Este estaría o que é a zoa habitacional do xacemento. Pódese ver eiqui o que eran as casas qque poderían estar pegadas a outra pequena muralla e o longo desta cavaríase un foxo para a mellor defensa do lugar. As casas en sí serían de sección circular xa que se observa sobre o terreo o que sería a base das mesmas. Estarían separadas entre elas sendo as paredes de pedra. Xa na cima pódese ver unhas grandes pedras con diversas caracteristicas e formas. Así por exemplo vense uns pequenos buracos feitos na pedra, uns podían servir para recoller auga e outros incluso poderían servir para facer unha fortificación artificial, é decir, facer unha serie de empalizada con paus. Unha das grandes pedras está labrada de tal maneira que podería servir para sentarse a vixiar o emprazamento castrexo. Noutra pedra tamén se pode observar unha serie de pequenos regos labrados cunha función pouco clara. No que respecta ó resto de estructuras pouco podo decir xa que o apilamento de tantas pedras fai que a tarefa sexa ardua e difícil.

A relación que poderían manter con outros xacementos me é descoñecida suliñando únicamente a existencia doutro xacemento castrexo preto deste, concretamente o Castro de Garfián.

O xacemento presenta un deplorable estado de conservación, xa que os restos que alí se atopan só se poden descifrar polas ondulacións do terreo e polo crecemento irregular da vexetación en determinadas zoas.

Os achados atopados a nivel da superficie (non procedentes de Excavacións científicas), só se reducen a algunhas moas de muíño, restos pequenos de cerámica e escoria de fundición de metal así como unha pedra rebaixada que describirei máis adiante.

Os restos cerámicos atopáronse na cima do lado Sureste ó igual que a escoria de metal fundido. Tanto a pedrarobaixada como as moas de muíño atopáronse entre as pedras do lado Oeste.

O entorno caracterízase por unha serie de pequeñas cadeas montañosas que combinan con pequenos vales por ande discurren pequenos regatos.

Os restos cerámicos atopados corresponden a denominada "cerámica común", é decir, que é unha cerámica corriente empregada para o seu uso doméstico. O seu color é gris tendendo ó ocre mostrando restos de carbonización.

A pedra rebaixada caracterízase por ser unha pedra plana na que os seus lados aparecen rebaixados e nunha das esquinas aparece cortada como si se engarzara con outra.

As moas de muíño, probablemente pertencentes a muíños de man, aparecen moi gastadas e partidas en anacos.

A tipoloxía do xacemento podería ser a dun lugar fortificado, a presencia das fortificacións así o demostran, onde se poderían dedicar a fundición do metal xunto coa agricultura. A orixe do xacemento podería ter lugar na época do Bronce hacia o 700 a.c. anque o seu apoxeo vería da man dos romanos, sin poder asegurarse con certeza.

No que a folklore se refire só mencionarei unhas das moitas lendas dos mouros concernintes ó Castro e que tomei da revista "Aspecto antropolóxico. histórico e cultural dun pobo" de Xesús Antonio Gulías Lamas. A lenda versa sobre un mazo que foi ó Castro para ver o ouro que puñan as mulleras a asolar. Cando ía chegando viu unha moza moura tan fermosa que se namorou dela. O enterarse os mouros condenárono a morte. A moura, namorada e por sálvalo da morte , botoulle un meigallo e con verteuno en pino, e así sempre estaría ó lado del sin que os demais o souberan.

O mozo desapareceu do pobo e a moura pasaba os días arrimada a un pino. Ali morreu e tempo despois secou o pino.

Club de Amigos de BEARIZ

¿ Has olvidado tu clave ?
Inscríbete Aquí en el club de amigos
Descubre la magia - Rutas de Beariz. NUEVO!!


© 2007.Beariz.org .Todos los derechos reservados
Condiciones Legales

Cofinanciado por: