Museo
Viariz no século XVIII. Comportamentos relixiosos e lúdicos
Publicado en "O Quince" no 1994 por Enrique Bande Rodríguez.
 
A actual parroquia de "Viariz", Santa María, pertencente á Terra de Montes foi un priorato cisterciense dependente do mosteiro de Sobrado dos Monxesprimeiro e de Acibeiro máis tarde. Formou parte da arquidiócese de Santiago de Compostela ata o ano de 1956, data na cal polo Decreto 1456/57 da Sagrada.

Congregación Consistorial dado o 17 de Outubro do ano 1954, se sinalan os lindeiros das dióceses de Burgos, Compostela, Oviedo, Valladolid e outras. Da Arquidiócese de Santiago de Compostela desvencéllanse e pasan á de Ourense os territorios de "Viariz" con tres parroquias como son "Viariz", Xirazga e Lebozán. Dito Decreto foi executado pola Nunciatura con data 7 de Marzo do ano 1955. Monseñor Temiño Saiz notifícalle á diócese de Ourense o contido do Decreto o día 1 de Agosto do ano 1955 (1). No ano 1730 comenza a administrarse a parroquia de Santa María de "Viariz" por relixiosos da orde de San Bernardo e sírvena ata o ano de 1862 34 padres. Damos a continuación a táboa dos párrocos relixiosos que tivo a parroquia de "Viariz" cos anos de entrada na mesma:

Frai Antonio Ocan 1731,
Fr. Nicolás Baunes 1733,
Fr. Atilano Sánchez 1738,
Fr. Crisóstomo Díaz 1743,
Fr. Jacinto de la Torre 1744,
Fr. Pablo Bao 1747,
Fr. Crisóstomo Serrano 1750,
Fr. Plácido Carrero 1756,
Fr. Bernardo Rodríguez 1762,
Fr. Froilán Roldán 1766,
Fr. Alexandre García 1770,
Fr. Cristobal Losada 1771,
Fr. Gerardo Prieto 1775,
Fr. Esteban Ocampo 1779,
Fr. Genoteo Pérez 1781,
Fr. Nicolás Barientos 1782,
Fr. Bernardo Sánchez 1786,
Fr. Juan Gutierrez 1790,
Fr. Cristobal Charro 1794,
Fr. Isidro Regidor 1798,
Fr. Froilán Fuentes 1802,
Fr. Gregorio Onate 1806,
Fr. Próspero Mañueco 1813,
Fr. Roberto Cano 1819,
Fr. Sebastián Blanco 1821,
Fr. Froilán López,
El P. Calderón,
Fr. Francisco Viejo,
Fr. Martín García,
Fr. Agustín Elices quen foi o derradeiro monxe de San Bernardo neste priorato de "Viariz" no ano 1862.

Esta relación de abades monxes figura asignada por Agustín Elices (2).

Os Arcebispos de Santiago de Compostela ou os seus delegados visitaron sempre dita parroquia para comprobar "in situ" o estado relixioso e a conducta dos fregueses. Temos constancia destas visitas dende o ano de 1724 data na que visita a parroquia de Santa María de "Viariz" o Arcebispo de Santiago Don Miguel Herrero Esquivel, sendo abade da parroquia Fernando Cid Fernández acompañado doutros dous cregos Don Tomás Vázquez e Don Benito de Ogando ordenado no ano 1713 a título da capelanía do rosario. O visitador mándalle ó abade que explique a doutrina cristiá ós seus fregueses e os que asistan resposten sempre que sexan preguntados. Multará ós que non asistan por cada vez nun cuarterón de aceite para que alumee a lampada do Santísimo Sacramento. Tamén lle manda que pinte o retábulo da capela de San Bartolomeu e que retoque os de San Miguel e o de San Bartolomeu por estaren carcomidos e que se cubra de tella a dita capela xa que estaba colmada (3).

No ano de 1731 fixo a visita a dita parroquia Don Gregorio Pose, consultor do Santo Oficio da Inquisición sendo Arcebispo de Compostela o Sr. Don Joseph de Yermo Santibañez, sendo abade Antonio Ocón da arde de San Bernardo, acompañado dos cregos D. Benito de Ogando e D. Benito Vázquez ordenado a título da capelanía de ánimas situada no altar colateral da igrexa do lado da epístola. Mándalle ó abade o visitador que fuga un retábulo para a capela maior do dito templo a costa do diñeiro da fábrica das cofradías. Entón había na parroquia as seguintes: a do Santísimo Sacramento, a da Nosa Señora a de San Bartolomeu e a das Benditas Animas. Dinos tamén que a igrexa ten un muíño que se afora cada ano ó mellor "postor" (4).

No ano 1737 visita a parroquia o Ilmo. Sr. D. Lorenzo de Laranco e Musaurieta, bispo de Avaren, auxiliar e visitador Xeral do Arcebispado de Santiago sendo Arcebispo o Sr. D. Joseph Yermo y Santibañez quen manda que as mulleres na igrexa teñan a cabeza cuberta e que as "plañideiras" na igrexa non fagan dó do corpo presente nin empreguen inmoderado pranto para non alterá-los oficios litúrxicos (5).

No ano 1738 fixeron os poxos das obras do retábulo maior e rematóuselle a Francisco de Vega de Ribadavia en 4370 reais, pasou a escritura diante de Gonzalo de Arén escribán de número da Xurisdicción da Terra de Montes. No ano 1742 fixéronse os "poxos" dos dous retabuliños colaterais da igrexa e rematáronselle a Gabriel Domínguez da Vila de Ribadavia en 50 ducados de vellón cada un (6).

A visita do ano 1746 faina o Ilmo. Sr. D. Caietano Taboada arcebispo e Señor de Santiago sendo abade Fr. Jacinto de la Torre quen manda que os presbíteros e tamén os ordenados de orde sacra e os ordenados de menores non vaian a romerías nin a feiras. Dille tamén que está informado de que nalgúns tempos se axuntan mulleras con pretexto de fiadas nalgunhas casas onde as chaman, alí están de día e de noite, alí concurren mozos e teñen bailes dos que se seguen graves ofensas contra Deus e por iso lle manda que baixo ningún pretexto nin causa sefagan tales fiadas (7).

No ano 1768 visita a parroquia de Beariz o Sr.D. Antonio Filgueira e Saavedra Colexial maior de Fonseca Catedrático de Canones,visitador xeral polo Ilmo. Sr. Bartolomé de Rajoy e Losada, Arcebispo de Compostela e señor de Santiago, e mándalle ó abade que faga que as xentes na igrexa estean con silencio, apartados os homes das mulleras, e que ninguén se quede á porta e que multe a quen isto contraveña que telle a igrexa e a capela maior xa que está indecente. Mándalle tamén que ningunha persoa traballe nos días de festa e que de noite non teñan nas súas casas fiadas nin outro motivo de concurrencia de homes e mulleres, senón que as despidan antes de anoitecer baixo pena dun ducado para a lámpada do Santísimo, que poña decente a capela por estar indecente e colmada (8).

No ano de 1778 fui a visita á parroquia o Sr. D. Juan Vázquez Fondevila, bispo de Tanes, visitador xeral polo arcebispo Sr.D. Francisco Alexandro Bocanegra, sendo abade Fr. Gerardo Prieto nomeado polo Padre abade do mosteiro de Acibeiro. Neste tempo estase a facé-la obra do adro pagada pola fábrica e polas confradías xa que os veciños son comunmente bastante pobres. O visitador mándalle ó abade que non consinta que na súa parroquia se dean comidas de campo nin de pitanzas e que non se fagan pandeiradas, nin xuntanzas de homes e de mulleras despois do toque das oracións con pretexto de fiadas ou de velatorios de defuntos do que resultan graves ofensas contra Deus (9). Non permita que os homes oian misa entre as mulleres, nin das portas da igrexa a fóra e que se toque tódolos días ó anoitecer.

No ano de 1785 visita a parroquia o Sr. D. Fr. Sebastián Malvar e Pinto Arcebispo e Señor da Santa Igrexa Apostólica e Metropolitana da Cidade e Arzobispado de Santiago, sendo abade do mosteiro de Acibeiro e con aprobación do ordinario. Dille ó abade que non asista a matrimonios fora da igrexa parroquial e que os contraentes confiesen e comulguen na misa das velacións, que os eclesiásticos se xunten unha vez á semana a conferenciar de materias morais (10).

No ano de 1816 visita a parroquia de Beariz Cayetano de Soto y Varela cura de San Martín de Forcarei, arcipreste e visitador do arciprestádego de Montes polo Exmo. Sr. D. Rafael de Muzquiz Aldunate arcebispo de Santiago. Mándalle que se cerren ou que poñan reixado de ferro nos pasadizos do adro para que non entren os porcos nin outros animais, que se enterren dúas imaxes de santos que están no colateral do evanxeo por indecentes, que os cregos non digan misa cunha candela soia e que o viño empregado na misa sexa branco e non tinto. Que na parroquia non haxa xuntanzas nocturnas nin fiadas que xuntan homes e mulleres (11).

Tamén falan os visitadores do arrendamento do muíño da fábrica e das veigas que ten a igrexa no lugar de Magros, do toxal da Nosa Señora que está en Alvite, e do toxal da Nosa Señora no lugar de Beariz. Mándalle tamén que se non componen a ermita de San Pedro no término de seis meses o abade baixo multa de dous ducados aplicados para a decencia da imaxe do santo quite a este en procesión e os traslade a igrexa parroquial esboufando a capela e no seu sitio poña un cruceiro ( 12 ) .

Das visitas deducimos a mentalidade antifeminista, misóxena e retorcida dos visitadores os que ven sempre no home un perigo para a muller e na muller a ruína do home e un obxecto de pracer, un ser indefenso sen vontade propia a quen hai que gardar e separar sempre do home. Que certo é aquelo que dí o refrán: "Entre santo e santa parede de cal e canto", ou o outro que di "O home e fogo á muller estopa e ven o demo e sopra".

Deducimos que na Terra de Montes había choronas ou carpideiras que facían o dó polo defunto, mulleres que cobraban por chorar, clérigos que asistían á romerías e feiras ......

(1) Otero Fernandez, J. Carlos: Guia de la Diócesis de Orense MCMLXXXV. Orense

(2) A.H.D.O.F.P. Beariz, Santa María: 15 Fábrica e Visitas 1720-1831.3.6.150 1. 0 Libro de Contas da fábrica de Santa Maria de "Viariz" que comenza no ano de 1720 fixose sendo rector Francisco Cid xa que o Libro Vello de fábrica queimárase nun incendio que acaecerá sendo cura Fr. Pablo de Bao, filio do mosteiro de Sobrado dos Monxes. No libro que feneceu estaban tamén en "catro hoxas" as fundacións de misas coas súas hipotecas.

(3) A.H.D.O.F.P. Beariz, Santa María 15 Cuentas de Fábrica e Visitas. 1720-1831 3.6.15 Visita de 1724.

(4) A.H.D.O.F.P. Beariz, Santa María 15 Cuentas de Fábrica e Visitas. 1720-1831 3.6.15 . Visita do ano 1731.

(5) A.H.D.O.F.P. Beariz, Santa María 15 Cuentas de Fábrica e Visitas. 1720-1831 3.6.15 Visita de 1837 .

(6) A.H.D.O.F.P. Bear1z, Santa María 15 Cuentas de Fábrica e Visitas. 1720-1831 3.6.15.

(7) A.H.D.O.F.P. Beariz, Santa María 15 Cuentas de Fábrica e Visitas. 1720-1831 3.6.15 Visita de 1746 .

(8) A.H.D.O.F.P. Beariz, Santa María 15 Cuentas de Fábrica e Visitas. 1720-1831 3.6.15 Visita de 1768.

(9) A.H.D.O.F.P. Beariz, Santa María 15 Cuentas de Fábrica e Visitas. 1720-1831 Visita de 1778.

(1O) A.H.D.O.F.P. Beariz, Santa María 15 Cuentas de Fábrica e Visitas. 1720-1831 3.6.15 Visita de 1785.

(11) A.H.D O.F.P. Beariz, Santa María 15 Cuentas de Fábrica e Visitas. 1720-1831 3.6.15 Visita de 1816.

(12) A.H.D.O.F.P. Beariz, Santa María 15 Cuentas de Fábrica e Visitas. 1720-1831 3.6.15 Visita de 1816.

Club de Amigos de BEARIZ

¿ Has olvidado tu clave ?
Inscríbete Aquí en el club de amigos
Descubre la magia - Rutas de Beariz. NUEVO!!


© 2007.Beariz.org .Todos los derechos reservados
Condiciones Legales

Cofinanciado por: