Turismo
¿Qué festas hai en Beariz?
A festa máis importante é a do 15 de agosto, na que se celebra con toda a solemnidade a Asunción de Nosa Señora, na capital do municipio. Coñécese coma a "FESTA DO QUINCE". Séguelle en importancia Santo Domingo, o día 4 de agosto na ermida que ten adicada ó santo na parroquia de Xirazga.
    Procesión do 15 de agosto. 1955

  • O Carme, en Doade, parroquia de Xirazga, o 16 de xullo. Celébrase na carballeira que hai neste lugar.
  • San Pedro, en Muradás. É unha festa variable. Antigamente celebrábase o domingo seguinte ó 15 de agosto, para que estiveran nela os canteiros e segadores, que viñan cada ano para celebrar as festas patronais.
  • San Xoán en Magros, o 24 de xuño.
  • San Bartolomeu, na Bouza, o 24 de agosto.
  • Corpos e San Antonio, en Beariz o 13 de xuño. Esta festa, na actualidade desapareceu no que se refire ó elemento folklórico.
  • A Candelora en Lebozán. O día 2 de febreiro.
  • O Entroido, en Lebozán. Esta festa, desapareceu, despois da emigración masiva a México, por falta de mocidade, que a puidera manter.
  • San Antonio na Ermida, o 13 de xuño.
  • Santo Outel na Bouza e Santa Rita nos Liñares, son festas exclusivamente relixiosas.

Club de Amigos de BEARIZ

¿ Has olvidado tu clave ?
Inscríbete Aquí en el club de amigos
Descubre la magia - Rutas de Beariz. NUEVO!!


© 2007.Beariz.org .Todos los derechos reservados
Condiciones Legales

Cofinanciado por: