Información sanitaria de interese para usuarios das praias fluviais de Magros e Doade

A continuación expoñemos a información difundida polo SERGAS en relación ás precaucións sanitarias que se deben tomar nas piscinas e praias fluviais.

Dentro das actuacións relacionadas coa pandemia da COVID-19, a Dirección Xeral de Saúde Pública
(DXSP) ven de publicar, na súa páxina web, unha actualización do documento técnico
RECOMENDACIÓNS E CRITERIOS SANITARIOS DE PREVENCIÓN DA COVID-19 NAS PRAIAS DE
GALICIA, e que pode consultar no seguinte enlace:
https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Documents/831/Guia_Praias_COVID19_06_2021.GAL.pdf
Ademais, achegámoslle copia do mesmo para o seu coñecemento e co obxecto de que, durante
esta tempada, teñan en conta estes criterios nas zonas de baño do seu concello.
As recomendacións que se recollen neste documento complementaranse con aquelas que as
distintas autoridades poidan ir establecendo, tendo en conta que, coma todos os documentos
relacionados coa situación actual de pandemia, é susceptible de actualizacións que se farán
adecuadas ao coñecemento que sobre o manexo da enfermidade se vaia adquirindo.
A xefa territorial de Sanidade en Ourense
Laura López del Castillo

As recomendacións incluı́das no presente documento están en continua
revisión e poden ser modi!icadas se a situación epidemiolóxica ası́ o
requirise.
Para dispoñer dunha información actualizada recoméndase validar as
referencias nos enlaces:

  • Consellerı́a de Sanidade
    https://coronavirus.sergas.gal/
  • Ministerio de Sanidad
    https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual
    /nCov-China/documentos.htm
  • ası́ como nos demais organismos referenciados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *