Mellora dos camiños de acceso o núcleo Alén e o acceso o núcleo de Alvite, pertencentes o Concello de Beariz. A actuación discorre sobre as vías con firme en regas asfálticas deterioradas, polo que se pretende con esta actuación
mellorar a capa de rodaxe e evitar así un maior deterioro da mesma.
Actuación acceso Alén
A actuación de mellora do acceso o núcleo de Alén conta cunha lonxitude de 297,00 metros e unha anchura de 4,00 metros, o tramo atópase en rega asfáltica deteriorada na capa de rodaxe.
Actuación acceso Alvite
A actuación de mellora do acceso o núcleo de Alvite conta cunha lonxitude total de 892,00 metros e unha anchura de 4,00 metros, o tramo atópase en rega asfáltica deteriorada na capa de rodaxe.
Esta obra encádrase nas financiadas polo FEADER dentro do plan Marco de Mellora de camiños rurais 2023 – 2024 da Consellería de Medio Rural, no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia.