Plan Básico Municipal

Exposición pública do Plan Básico de Beariz

A Dirección Xeral de Urbanismo anunciou a aprobación inicial do Plan Básico Municipal do Concello de Beariz, en Ourense, promovido pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas. Este plan, destinado a municipios de menos de 5.000 habitantes, estará en fase de información pública durante dous meses a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante este período, os veciños poderán consultar o plan en dependencias provinciais e municipais, así como en liña, e presentar alegacións. Ademais, queda suspendido o outorgamento de licenzas nas áreas onde se vexa alterada a ordenación vixente, medida que se manterá ata a aprobación definitiva do plan.

O enlace no que se pode descargar a documentación é o seguinte: https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/urbanismo-territorio

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *