Roteiro de la Minería
- Roteiro: 9,5km
- Dificultade: Pequena
A Ruta da Minería está situada geológicamente na zona Centro-Ibérica, con granitos orixinados fai 450 millóns de anos. Conta coa presenza de Estaño, moi escaso na cortiza terrestre e con explotacións de Wolframio, formadas especiamlmente durante o período das guerras do século XX.
Esta ruta forma parte das 12 rutas xeolóxicas e mineiras de Galicia (Maceda, Beariz, Vilanova, Cabo Ortegal, Golfo Ártabrio, Ría de Corme e Laxe, Geoparque Montañas do Courel, Praia das Catedrais, Cova de Eirós-Triacastela, Guitiriz, Vila de Cruces e Rio Miño) impulsadas polo Ilustre colexio oficial de geólogos mediante unha subvención da Xunta de Galicia. O obxectivo principal é difundir a xeoloxía do territorio galego e promover o sector mineiro da comunidade a través da mellora dos seus valores patrimoniais.