Servizo de Augas do Concello de Beariz
Cumprindo coa normativa vixente en materia de augas de consumo, como a Directiva Marco da auga e o Real Decreto 140/2003, e 2/2023 o noso proceso de tratamento e distribución de auga cumpre cos requisitos máis estritos para garantir a saúde pública e a protección do medio ambiente.
O Concello de Beariz xestiona varios abastecementos de auga na nosa localidade, entre os cales se atopan os de Magros, Beariz e A Ermida. Estes abastecementos son sometidos a estritos controis de calidade e seguimento para garantir que a auga que chega ás billas dos nosos veciños sexa segura para o consumo humano.
Comprometémonos a manter un servizo transparente e accesible para todos os nosos cidadáns. Por iso, calquera información relacionada cos nosos abastecementos de auga sometidos a información pública está dispoñible para consulta nas nosas oficinas municipais e tamén a través do Sistema de Información Nacional de Augas de Consumo (SINAC) ao que podeis acceder a través da seguinte ligazón:
No Concello de Beariz somos conscientes da importancia da auga como ben imprescindible e da necesidade de facela chegar aos fogares con maior garantía.