Obras de adoquinado da rúas de Alvite

O Concello de Beariz continúa o adoquinado das rúas de Alvite.

As obras de adoquinado da rúa central do Lugar de Abaixo, constitúen a continuación das actuacións de mellora estética e funcional dos viais deste lugar do concello.

Pola súa singularidade tanto nos materiais tradicionais como pola arquitectura presente nas súas vivendas, Alvite require dunha pavimentación acorde coas rehabilitacións que os veciños fixeron ó longo destes 20 últimos anos.

A presenza de establecementos turísticos que aproveitan estas vantaxes da mellora patrimonimal e dos servizos é clave para o plantexamento deste tipo de proxectos desde a corporación municipal.

O aumento de veciños empadroados neste lugar ten tamén unha relación coas melloras que o concello ten feito e que se xuntan ós que os propios veciños fan desde a súa asociación.

Cómpre nomear a cesión gratuíta de terreos por parte de propietarios que facilitan e aceleran  así os trámites administrativos e as condicións económicas para o desenvolvemento destes proxectos de mellora de espazos públicos.

O investimento na renovación dos viais e a construcción da praza na Aldea de Arriba tiveron consecuencias positivas coa reactivación do mercado inmobiliario de Alvite, así se reactivaron obras de rehabilitación e se vendeu una vivenda.

A aposta do Goberno municipal pola rehabilitación é constante e tamén se fixo recentemente unha actuación na totalidade das rúas de Ricovanca, outra aldea con singularidades patrimoniais que quedou moi mellorada esteticamente coa aplicación dun firme de formingón impreso nos seus viais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *