Obras de adoquinado da rúas de Alvite

O Concello de Beariz continúa o adoquinado das rúas de Alvite.

As obras de adoquinado da rúa central do Lugar de Abaixo, constitúen a continuación das actuacións de mellora estética e funcional dos viais deste lugar do concello.

Pola súa singularidade tanto nos materiais tradicionais como pola arquitectura presente nas súas vivendas, Alvite require dunha pavimentación acorde coas rehabilitacións que os veciños fixeron ó longo destes 20 últimos anos.

A presenza de establecementos turísticos que aproveitan estas vantaxes da mellora patrimonimal e dos servizos é clave para o plantexamento deste tipo de proxectos desde a corporación municipal.

O aumento de veciños empadroados neste lugar ten tamén unha relación coas melloras que o concello ten feito e que se xuntan ós que os propios veciños fan desde a súa asociación.

Cómpre nomear a cesión gratuíta de terreos por parte de propietarios que facilitan e aceleran  así os trámites administrativos e as condicións económicas para o desenvolvemento destes proxectos de mellora de espazos públicos.

O investimento na renovación dos viais e a construcción da praza na Aldea de Arriba tiveron consecuencias positivas coa reactivación do mercado inmobiliario de Alvite, así se reactivaron obras de rehabilitación e se vendeu una vivenda.

A aposta do Goberno municipal pola rehabilitación é constante e tamén se fixo recentemente unha actuación na totalidade das rúas de Ricovanca, outra aldea con singularidades patrimoniais que quedou moi mellorada esteticamente coa aplicación dun firme de formingón impreso nos seus viais.

Mellora das instalacións do pavillón polideportivo

Con relación á Orde do 12 de decembro de 2019 pola que se establecen as  bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e / ou mellora das infraestruturas (vicepresidencia da Xunta) foi concedida a este concello unha subvención de 22.319€, equivalente ao 70% para o proxecto de nominado “Mellora das instalacións do pavillón polideportivo “. O presuposto total ascende á cantidade de 31.885,34€.

As principais unidades de obra son:
-95 ml. de canalón visto de chapa de aluminio, xa que o existente se atopa moi deteriorado.
-35 ml. de baixante tamén de aluminio lacado.
-Subministro e instalación de 4 unidades de termo eléctrico que permitirán un mellor aproveitamento das placas solares.
– Alicatado con azulexo 15×15 nas zonas dos vestiarios nos que están rotos ou caídos.
-90 m2 de cerramento en cuberta de dobre chapa traslúcida opal de poliéster.
-Cambio dunha porta de paso cega de 2 follas, lisa, maciza.
-Cadro xeral de distribución para substitución do actual, garantindo o funcionamento de todo o sistema.

No ano 2019 xa se levaron a cabo obras de eficiencia enerxética por valor de 16.000€ consistentes na substitución de todas as luminarias existntes e o seu paso a LED. Tamén se instalaron dúas canastas eléctricas por valor de 8000€.

Actuación silvopastoril no Monte Veciñal

O monte «Peniñas, Pico, Rego de Couto e Lomba», incluído no presente proxecto  é  un monte veciñal  en  man  común  que  pertence  os  veciños  de   Beariz  no  Concello  de  Beariz,  ten unha superficie  total  de  16,80  has.  Este monte  non  ten ningún  convenio  nin  consorcio  coa  Xunta de Galicia.

Por todo elo, a MVMC de Penias, Pico, Rego de Cauto e Lomba, solicita a esta Conselleria de Medio rural, se realice una actuación encamiñada a 16,80 ha de implantación de pasteiro, colocación de manga de manexo de gando, construción de bebedoiro, construción de galpón, 2 unidades de paso canadense, captación e condución de auga (85 metros lineais), peche cinexético (710 metros linais).

  1. Descrición detalladas das Actuacións solicitadas:

a) Implantación do pasteiro Roturación do terreo:

Pretendese desbrozar gran parte do pastizal {16,80 has.)

Parte do pasteiro estivo repoboado con piñeiros, que recentemente foron cortados, existindo os tocons sen pudrir, polo que para implantación do pasteiro teremos que destoconar o 60 % da superficie cunha densidade estimada de 1000 pes/ha.

Posteriormente daranse dous pases de grada pesada en toda a superficie, retiraranse as pedras existentes, procederase a encalar e posteriormente a sementar e abonar, finalizando cun pase de rulo final

Encalado: Aplicarase a caliza molida (90%  C03Ca  mínimo) a razón de  4 Tn/ha.

Fertilización :Tras do derradeiro pase de grada aplicarase o abonado de fondo cun abono complexo 8-24-16 e unha dose de 800Kg/ha.

Tamén se subministrará a Comunidade abono complexo 15-15-15, como abono de consolidación do pasteiro, cunha dose de 400Kg/ha. Para que eles abonen o terreo na primavera seguinte.

Sementeira de pratenses:

-Ray grass inglés 30Kg/ha

-Dactilo lOKg/ha

-Trebol blanco 5Kg/ha

Unha vez feita a sementeira compactarase o terreo con un rulo de máis de 2800 Kg de peso.

b) Manga de manejo:

Colocación  de  cerramiento  a  base  de  postes  sin  tornear  de  madera  de  castaño,  de  12  cm  de diámetro y 2,5  m de altura, anclados con un dado  0,35×0,35×0,35 m de hormigón no estructural  HNE-15 árido de 40 mm, en el suelo a 5 m de separación,con dos riostras cada 100 m,cerrados con táboas de pino tratado.

c) Peches perimetrais

710 mi de cerramento a base de postes de madeira de piñeiro tr  tada en  autoclave  para  clase  de  uso  IV  composta  por  montantes  verticais  de  2500  mm  de lonxitude  e  121  120  mm, colocados  cada  5.00  m, ancorados  con  formigón  no  chan, para malla anudada ou cinexética de 1,50 a 2,00 m de altura ,con dúas riostras cada 100 m.

d) Captación  e condución de agua:

Captación e condución  de  auga  mediante escavación de gabia, colocación  de  85  tubaxe  de  PE100  de  63  mm  de  diámetro, tapado  da  gabia  y construción de captación para os abrevadeiros.

e) Colocación  de  dous pasos   canadenses:

Para   permitir  o  paso  a  fincas   particulares. Construción de dous pasos canadenses de 4,82*2,1m con 4,32 m de ancho por 1,60 m de longo  e  0,63  m  de  profundidade; espesor  de  0,25  m.en  muros, 0,35  m  de  soleira  de formigón HA-25/sp/20 e 0,10 m de formigón de limpeza. A  pendente interior do 1% para desaugalas por un tubo de PVC 160 mm de diámetro.Tres módulos de rejil la formados por perfís  PHR-125.8  separados  50  mm e  soldados  sobre  una pletina  de  8  mm  de  espesor, apoiados sobre un perfil HEB-18 e características según planos.

f) Colocación de dous bebedoiros de vacún:

Con dimensións interiores 4,85×0,95×0,75 m. con arqueta y tapa para sistema de auto abastecemento.

g) Construción ‘de galpón:

Construirase un alpendre con cerramento e cunha cuberta de chapa metálica  de  dimensións  7,00×4,00  m. Para  a  protección  do  gando  fronte  as  condicións climatolóxicas  adversas  propias  dos  períodos  invernais. Con  soleira, estrutura  a  base  de perfís  metálicos,  cuberta  a  base  de  panel sándwich  e pechado  en tres das súas  caras  en bloque.