Faixas secundarias Beariz

Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Beariz (PMPDIF)

Faixas secundarias Beariz

Este plan foi aprobado polo pleno do Concello o día 27 de setembro de 2022 e despois de estar exposto ao público xa está en vigor.

O plan define as faixas de protección dos pobos do concello nas que é obrigatorio realizar unha roza periódica para manter o terreo libre de maleza que poida facer de combustible que conduza un incendio cara as casas e as persoas.

Nesta publicación acharedes un listado das parcelas afectadas que deben facer a roza periodicamente e tamén unhas fotos aéreas dos pobos coas faixas debuxadas arredor así como as parcelas superpostas.