A rúa Capilla do lugar de Magros xa conta con rede de sumidoiros e recollida de augas pluviais.
Esta obra de instalación de rede separativa de augas negras e pluviais foi acometida pola empresa OSVI e contou cun orzamento de 28.803,68€.
Con esta separación de augas vaise mellorar o funcionamento das fosas sépticas que depuran os vertidos e tamén servirá para recoller unha gran cantidade de auga que ata o de agora discorría pola vía pública causando molestias e deterioro.
Esta Obra foi financiada mediante un convenio coa Xunta de Galicia e cofinanciada con fondos europeos FEDER.