Gañadores dos Certames Literario e Fotográfico de Beariz 2026

O Concello de Beariz fai público o fallo dos Certames Literario e Fotográfico de 2026, que nesta edición volveron contar cunha notable participación e cun elevado nivel das obras presentadas.

📚 Certame Literario

O Primeiro Premio, dotado con 500 € e diploma, foi para Las puertas abiertas, de Vanesa Dapena Lorenzo.

O xurado destacou a capacidade do relato para abordar, cunha linguaxe sinxela e emotiva, cuestións como a vellez, a perda e a evolución do Alzheimer, construíndo unha sensible metáfora arredor da relación entre un pai e a súa filla.

O Segundo Premio foi para O gol que nunca marcou Pelé, de Pablo Nogueira Campo, mentres que o Terceiro Premio recaeu en Sinestesias, de Beatriz Pérez González.

🥇 1º premio: Las puertas abiertas — Vanesa Dapena Lorenzo
🥈 2º premio: O gol que nunca marcou Pelé — Pablo Nogueira Campo
🥉 3º premio: Sinestesias — Beatriz Pérez González

📷 Certame Fotográfico

Na modalidade fotográfica, o Primeiro Premio, dotado con 200 € e diploma, foi para Alfredo Javier Ramos Varela, pola súa obra Divina Luz.

O Segundo Premio correspondeu a Rodrigo Muradás Lorenzo, por La impermanencia del tiempo, e o xurado concedeu dous Terceiros Premios ex aequo ás fotografías Nevada, de Santiago Valiñas Rivas, e Ollando Magros, de Iago Manuel Souto Lorenzo.

🥇 1º premio: Divina Luz — Alfredo Javier Ramos Varela
🥈 2º premio: La impermanencia del tiempo — Rodrigo Muradás Lorenzo
🥉 3º premio ex aequo: Nevada — Santiago Valiñas Rivas
🥉 3º premio ex aequo: Ollando Magros — Iago Manuel Souto Lorenzo

👏 Recoñecemento á participación

O Concello de Beariz quere agradecer a participación de todas as persoas que achegaron as súas creacións a esta convocatoria.

Como mostra deste compromiso coa participación e coa creación artística, todas as fotografías admitidas ao concurso que non resultaron premiadas recibirán unha gratificación especial de 6 €.

Parabéns a todas as persoas premiadas e grazas a todas as participantes por contribuír, unha vez máis, a enriquecer a vida cultural de Beariz.

Vivenda en Beariz

Beariz é un concello no que non existe un mercado áxil de vivenda tanto de compra-venda como de aluguer, este feito pode complicar que a xente que quere vivir en Beariz poida mercar unha vivenda para fixar aquí a súa residencia permanente ou alugar para unha estancia temporal.

Coa intención de facilitar os contactos entre ofertantes de vivenda e demandantes de casas ou alugueres poñemos a disposición un mapa no que situamos aquelas ofertas que nos queiran facer chegar ao Concello presencialmente.

Construcción de novo depósito de auga en A Ermida

O Concello de Beariz é o responsable do abastecemento de auga potable no lugar de A Ermida. O subministro de auga faise mediante un depósito de cabeceira construído no ano 1981 e que está moi deteriorado. Por este motivo plantexouse a necesidade dunha obra nova para que a distribución sexa con garantías de salubridade e de eficiencia ao minorar as fugas.

A obra de 47.674,00€ de orzamento conta cunha subvención da Xunta de Galicia. Consiste na realización dun novo depósito de formigón con capacidade para almacenar 100.000 litros de auga.

Base do depósito xa realizada

Ampliación do saneamento en Magros

A rúa Capilla do lugar de Magros xa conta con rede de sumidoiros e recollida de augas pluviais.

Esta obra de instalación de rede separativa de augas negras e pluviais foi acometida pola empresa OSVI e contou cun orzamento de 28.803,68€.

Con esta separación de augas vaise mellorar o funcionamento das fosas sépticas que depuran os vertidos e tamén servirá para recoller unha gran cantidade de auga que ata o de agora discorría pola vía pública causando molestias e deterioro.

Esta Obra foi financiada mediante un convenio coa Xunta de Galicia e cofinanciada con fondos europeos FEDER.

PROGRAMA OPERATIVO FEDER GALICIA 2014-2020: GALICIANA

Esta subvención, en réxime de concorrencia competitiva, esta destinada á dixitalización do patrimonio cultural de Galicia.

Está cofinanciada pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, obxectivo temático de garantir un mellor uso das tecnoloxías da información, para a  posta en marcha do Plan para a xestión dixital do patrimonio cultural e modernización tecnolóxica do turismo – Dixitalización do patrimonio cultural.

Mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020 – 2021

A mellora do camiño de acceso a parcelas agrícolas dende o núcleo de Magros obecece á necesidade de arranxar unha vía moi deteriorada polo tráfico e a inclemencia meteorolóxica durante os últimos anos.
A actuación proxectouse sobre o camiño que da acceso a moitas hortas e fincas rústicas tanto ermas coma forestais, asemade esta vía leva ao Castro de Magros e ó río coa praia fluvial.

Alonxitude total desta actuación é de 1.150 m lineais, diferenciando dous tramos pola súa anchura: Desde a Cubela: PK0+000 o PK 0+195 conta cun ancho de 5,00 m e do PK 0+195 O PK 1+150 ten ancho de 4,00 m .

Esta obra encádrase nas financiadas polo FEADER dentro do plan Marco de Mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020 – 2021 da Consellería de Medio Rural.