O Concello de Beariz fai público o fallo dos Certames Literario e Fotográfico de 2026, que nesta edición volveron contar cunha notable participación e cun elevado nivel das obras presentadas.
📚 Certame Literario
O Primeiro Premio, dotado con 500 € e diploma, foi para Las puertas abiertas, de Vanesa Dapena Lorenzo.
O xurado destacou a capacidade do relato para abordar, cunha linguaxe sinxela e emotiva, cuestións como a vellez, a perda e a evolución do Alzheimer, construíndo unha sensible metáfora arredor da relación entre un pai e a súa filla.
O Segundo Premio foi para O gol que nunca marcou Pelé, de Pablo Nogueira Campo, mentres que o Terceiro Premio recaeu en Sinestesias, de Beatriz Pérez González.
🥇 1º premio: Las puertas abiertas — Vanesa Dapena Lorenzo
🥈 2º premio: O gol que nunca marcou Pelé — Pablo Nogueira Campo
🥉 3º premio: Sinestesias — Beatriz Pérez González
📷 Certame Fotográfico
Na modalidade fotográfica, o Primeiro Premio, dotado con 200 € e diploma, foi para Alfredo Javier Ramos Varela, pola súa obra Divina Luz.
O Segundo Premio correspondeu a Rodrigo Muradás Lorenzo, por La impermanencia del tiempo, e o xurado concedeu dous Terceiros Premios ex aequo ás fotografías Nevada, de Santiago Valiñas Rivas, e Ollando Magros, de Iago Manuel Souto Lorenzo.
🥇 1º premio: Divina Luz — Alfredo Javier Ramos Varela
🥈 2º premio: La impermanencia del tiempo — Rodrigo Muradás Lorenzo
🥉 3º premio ex aequo: Nevada — Santiago Valiñas Rivas
🥉 3º premio ex aequo: Ollando Magros — Iago Manuel Souto Lorenzo
👏 Recoñecemento á participación
O Concello de Beariz quere agradecer a participación de todas as persoas que achegaron as súas creacións a esta convocatoria.
Como mostra deste compromiso coa participación e coa creación artística, todas as fotografías admitidas ao concurso que non resultaron premiadas recibirán unha gratificación especial de 6 €.
Parabéns a todas as persoas premiadas e grazas a todas as participantes por contribuír, unha vez máis, a enriquecer a vida cultural de Beariz.

