Roteiro de Garfián

rutas Beariz
  • Roteiro: 8km
  • Dificultade: Pequena

As augas dos ríos en Beariz corren cara o sur, caro río Avia, en lugar de ir cara o Suroeste como no resto da comarca. Os vales son abertos e de orientación sur, con máis horas de sol e lixeiramente máis cálidos que os veciños do Norte. O roteiro de Garfián rodea o monte do Ceo da Bouza para baixar atravesando a agradable área recreativa de Barcia.

O roteiro de Gafián é un agradable paseo de oito quilómetros polo centro e sur do Concello de Beariz que vai discorrendo entre subidas e baixadas entrelazadas. A sombra acompaña nos primeiros e últimos quilómetros mentres na zona alta as vistas panorámicas adquiren o protagonismo.

O roteiro permite coñecer a maioría de elementos característicos de Beariz como pequenas aldeas, antigos xacementos megalíticos e agradables zonas para descansar á sombra xunto a regatos.

Todo o percorrido é transitable a pé, en bicicleta de montaña ou quad. No caso dos todoterreos será preciso dar un rodeo na Aldea da Bouza. Non se colle o camiño marcado á dereita, que é estreito, seguindo de frente ata atopar unha pista máis ampla á dereita pola que subiremos atentos para atopar as sinalizacións da ruta. Ao chegar ao depósito de auga hai que coller cara á esquerda pola pista que sobe pouco a pouco e que xa está sinalizada.

Garfián é unha pequena e recollida aldea na parte do Sur de Beariz. Conta cunha casa rural e está rodeada de fragas de carballos e castiñeiros principalmente. A orientación ao sur e protección das pequenas montañas soe ofrecer un clima soleado e pouco ventoso.

Descarga o teu guía en
Descarga o audio-guía en:
Instrucións para seguir o track no teu móbil: 1) Instala unha aplicación que permita ler ficheiros .gpx (Por exemplo: GPX Viewer-Tracks para Android). 2) Abre o link do track GPS da ruta no navegador Google Chrome do móbil. 3) A continuación, comparte a páxina web coa aplicación GPX Viewer. 4) Inmediatamente, a aplicación mostrarache a ruta, co percorrido trazado e a cantidade de km. Ver track GPS da roteiro