O Concello de Beariz é beneficiario dunha subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2026.
A actuación consiste na contratación dunha persoa traballadora coa categoría de técnico informático, para a realización de actividades de dixitalización de documentación do Concello, administración e manexo da paxina web, da sede electrónica e calquera outra actividade informática que se precise.
O obxectivo principal destas axudas é mellorar a cualificación das persoas mozas para que adquiran as competencias profesionais e técnicas necesarias para acceder ao mercado de traballo. O resultado que se pretende acadar é a mellora da súa empregabilidade e a súa integración sostible no mercado de traballo.
A actuación está cofinanciada nun 60 % pola Unión Europea, no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, Prioridade 5 «Emprego xuvenil», co obxectivo de mellorar o acceso ao emprego e favorecer a empregabilidade das persoas mozas desempregadas.
Identificación da actuación
| Entidade beneficiaria | Concello de Beariz |
| Organismo concedente | Consellería de Emprego, Comercio e Emigración — Xunta de Galicia |
| Normativa reguladora | Orde do 22 de maio de 2026 |
| Actuación | Contratación dunha persoa traballadora coa categoría de técnico informático |
| Cofinanciamento | 60 % pola Unión Europea — Programa FSE+ Galicia 2021-2027, Prioridade 5 «Emprego xuvenil» |

