Contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, cofinanciada pola Unión Europea

O Concello de Beariz é beneficiario dunha subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2026.

A actuación consiste na contratación dunha persoa traballadora coa categoría de técnico informático, para a realización de actividades de dixitalización de documentación do Concello, administración e manexo da paxina web, da sede electrónica e calquera outra actividade informática que se precise.

O obxectivo principal destas axudas é mellorar a cualificación das persoas mozas para que adquiran as competencias profesionais e técnicas necesarias para acceder ao mercado de traballo. O resultado que se pretende acadar é a mellora da súa empregabilidade e a súa integración sostible no mercado de traballo.

A actuación está cofinanciada nun 60 % pola Unión Europea, no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, Prioridade 5 «Emprego xuvenil», co obxectivo de mellorar o acceso ao emprego e favorecer a empregabilidade das persoas mozas desempregadas.

Identificación da actuación

Entidade beneficiariaConcello de Beariz
Organismo concedenteConsellería de Emprego, Comercio e Emigración — Xunta de Galicia
Normativa reguladoraOrde do 22 de maio de 2026
ActuaciónContratación dunha persoa traballadora coa categoría de técnico informático
Cofinanciamento60 % pola Unión Europea — Programa FSE+ Galicia 2021-2027, Prioridade 5 «Emprego xuvenil»

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *