Ampliación do saneamento en Magros

A rúa Capilla do lugar de Magros xa conta con rede de sumidoiros e recollida de augas pluviais.

Esta obra de instalación de rede separativa de augas negras e pluviais foi acometida pola empresa OSVI e contou cun orzamento de 28.803,68€.

Con esta separación de augas vaise mellorar o funcionamento das fosas sépticas que depuran os vertidos e tamén servirá para recoller unha gran cantidade de auga que ata o de agora discorría pola vía pública causando molestias e deterioro.

Esta Obra foi financiada mediante un convenio coa Xunta de Galicia e cofinanciada con fondos europeos FEDER.

Mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020 – 2021

A mellora do camiño de acceso a parcelas agrícolas dende o núcleo de Magros obecece á necesidade de arranxar unha vía moi deteriorada polo tráfico e a inclemencia meteorolóxica durante os últimos anos.
A actuación proxectouse sobre o camiño que da acceso a moitas hortas e fincas rústicas tanto ermas coma forestais, asemade esta vía leva ao Castro de Magros e ó río coa praia fluvial.

Alonxitude total desta actuación é de 1.150 m lineais, diferenciando dous tramos pola súa anchura: Desde a Cubela: PK0+000 o PK 0+195 conta cun ancho de 5,00 m e do PK 0+195 O PK 1+150 ten ancho de 4,00 m .

Esta obra encádrase nas financiadas polo FEADER dentro do plan Marco de Mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020 – 2021 da Consellería de Medio Rural.