Mellora das instalacións do pavillón polideportivo

Con relación á Orde do 12 de decembro de 2019 pola que se establecen as  bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e / ou mellora das infraestruturas (vicepresidencia da Xunta) foi concedida a este concello unha subvención de 22.319€, equivalente ao 70% para o proxecto de nominado “Mellora das instalacións do pavillón polideportivo “. O presuposto total ascende á cantidade de 31.885,34€.

As principais unidades de obra son:
-95 ml. de canalón visto de chapa de aluminio, xa que o existente se atopa moi deteriorado.
-35 ml. de baixante tamén de aluminio lacado.
-Subministro e instalación de 4 unidades de termo eléctrico que permitirán un mellor aproveitamento das placas solares.
– Alicatado con azulexo 15×15 nas zonas dos vestiarios nos que están rotos ou caídos.
-90 m2 de cerramento en cuberta de dobre chapa traslúcida opal de poliéster.
-Cambio dunha porta de paso cega de 2 follas, lisa, maciza.
-Cadro xeral de distribución para substitución do actual, garantindo o funcionamento de todo o sistema.

No ano 2019 xa se levaron a cabo obras de eficiencia enerxética por valor de 16.000€ consistentes na substitución de todas as luminarias existntes e o seu paso a LED. Tamén se instalaron dúas canastas eléctricas por valor de 8000€.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *